O PSOE de Ribeira solicita a adecuación para o tráfico rodado do vieiro veciñal que comunica Sabartán con Espiñeirido

08 Febreiro 2021

O PSOE de Ribeira vén de facerse eco dunha reclamación da veciñanza de Carreira, relativa aos problemas que presentaría a circulación que se concentran na zona de Parte ao Río e Sabartán e, tamén, ás posibilidades e necesidades doutras infraestruturas viarias da parroquia. Os socialistas propoñen mellorar o vieiro veciñal (Camiño do Trigal) que comunica o lugar de Sabartán (Carreira) e Espiñeirido (Aguiño).

Segundo lembran, o estado e a condición do camiño referido, que ten unha lonxitude total de 450 metros, son por unha banda os característicos dun camiño de carro (un treito de 350 metros lineais, cualificado como solo rústico), estreito e con terra natural, enlamado coa choiva e sen acondicionar; e, pola outra, os propios dun solo urbano ordenanza 6.3a (o treito restante de 100 metros), pavimentados con formigón pobre e cun ancho establecido de tres metros, con descalce na gavia actual.

dav

“Esta situación do rueiro en mal estado”, explica o PSOE de Ribeira, “impide a súa utilización axeitada por parte dos veciños en xeral, quedando habilitado só mediante tractores, para os labradores e gandeiros, propietarios das fincas dos paraxes de Ardilleiro eo Gouchal”. Porén, o grupo municipal fai saber que “a súa posíbel adecuación ao tránsito rodado permitiría a redución das conxestións e favorecería a fluidez do tráfico de Parte o Río a Vixán, dando una nova opción de desprazamento interurbano”.

Para os socialistas, a nova estrada sería de especial importancia para “as/os traballadora/es das industrias instaladas na Graña e Couso, favorecendo e acortando os seus desprazamentos; así como para os labradores que cultivan as leiras do lugar, mellorando o dificultoso acceso”.

En virtude do devandito o PSOE pide que se proceda a realizar un proxecto de apertura, compactado e pavimentado do viario público 9003 (entre Sabartán e Espiñeirido), con cunetas e capa de rodadura a definir, e “nunha lonxitude duns 450 metros lineais”, todo “co obxectivo de mellorar a conexión e accesibilidade viaria dentro da parroquia de Carreira, e por ende no Concello de Ribeira”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...