O préstamo de ebooks nas bibliotecas autonómicas duplicouse dende a chegada da COVID-19

01 Febreiro 2021

A pandemia tivo moitas consecuencias nos nosos hábitos, reducindo algúns e facendo medrar todos aqueles que tiveron que ver co lecer, a cultura, a comunicación e a información online. Entre os que se incrementaron figura o noso acceso aos ebooks, que nos permitiron satisfacer as nosas demandas de cultural mesmo en tempos de máxima restrición. Segundo confirmou o Goberno galego nun novo balance específico sobre sobre este ámbito, o consumo de libros electrónicos nas bibliotecas públicas da Xunta duplicouse desde o inicio da pandemia.

Así se desprende do reconto anual de GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato dixital, que contabiliza en 129.784 os préstamos realizados o ano pasado, máis do dobre dos rexistrados en 2019, cando foron algo máis de 56.000.

No informe tamén se indica que nos últimos meses empregaron a plataforma 18.620 usuarios, unha cifra que tamén duplica a cifra do ano anterior, cando houbo 7.300 usuarios activos.

Entre os libros electrónicos máis prestados situáronse títulos como Loboferoz, de Patacrúa, ou Infamia, de Ledicia Costas, así como La nena, de Carmen Mola, ou El enigma de la habitación 622, de Joël Dicker. No caso dos audiolibros, o que rexistrou un maior número de préstamos foi Largo pétalo de mar, de Isabel Allende, e no eido audiovisual O Apóstolo ou O que arde.

A Consellería de Cultura lembrou, co gallo do balance presentado, que o devandito crecemento alíñase coa campaña #aculturasegue, que a Consellería puxo en marcha a raíz da crise sanitaria para “ofrecer unha programación de lecer e cultural a través de Internet que permitise chegar a todos os fogares da Comunidade”. Isto materializouse en que todos os centros da rede de bibliotecas públicas de Galicia e as bibliotecas centrais territoriais fortalecesen o seu papel no fornecemento de servizos culturais facilitando a descarga e visualización nos dispositivos electrónicos, de obras en formato dixital de temáticas diversas.

A plataforma

A plataforma de préstamo GaliciaLe é un fondo suxeito a incorporación constantes de títulos e formatos que consta dun catálogo en galego e en castelán no que a día de hoxe están dispoñíbeis 6.000 títulos dos que máis de 5.300 son libros electrónicos, 324 son documentos audiovisuais, 212 audiolibros e 35 revistas.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...