O parque da Punta do Castro xa loce luminarias nocturnas de baixo custe

17 Febreiro 2021

O parque de Punta do Castro (Castiñeiras) presenta un imaxe nocturna espectacular dende esta semana. O motivo? O prendido das luminarias de baixo consumo que vén de instalar o Concello na contorna e que permiten o desfrute da mesma logo do solpor. As luces culminan o equipamento dunha área de lecer rehabilitada e recuperada en 2015 para o uso cidadán.

Agora, a contorna dispón de 26 luminarias sobre columna e 2 proxectores para as pistas deportivas, ademais de 12 balizas baixas que dan continuidade ás existentes nas pasarelas das praias de Castro e Catía e o paseo do Carreiro posterior.

Cómpre lembrar que esta actuación enmárcase na EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020, financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional dentro do Programa Operativo de Crecemento Sustentábel (POCS) 2014-2020. Adscríbese a liña de actuación deste plan denominada Mellora da Eficiencia Enerxética na Administración Pública, dentro do obxectivo temático número 4 (Economía Baixa en Carbono).

O Concello explica que ademais da referida actuación, o proxecto incluíu outras intervencións de instalación ou renovación de luces LED na franxa litoral do municipio: no paseo de Insuela, no paseo da Ameixida, no entorno portuario de Aguiño, así como nas referidas pasarelas das praias de Castro e A Catía e do paseo do Carreiro, sumando un investimento global de 447.629,46 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.