O Concello de Boiro leva a cabo melloras no Mercado Municipal

25 Febreiro 2021
Imaxe de arquivo (antes da pandemia) da entrada do Mercado Municipal

O Concello de Boiro anunciou este 25 de febreiro que está a realizar melloras no Mercado Municipal para a posta en valor do espazo e un mellor servizo para os postos de venda e para a cidadanía. Entre os traballos que se están a levar a cabo atópase a substitución das rexas dos desaugues do chan, que eran metálicas e estaban deterioradas e atopábanse enferruxadas debido ao paso dos anos. Tamén se procede ao cambio de luminarias existentes por luces LED que “melloren a nitidez e contribúan ao aforro enerxético”, explicou o Concello.

O Goberno local engadiu que a estas melloras engadiuse hai meses a incorporación da figura do responsábel do Mercado, co obxectivo de “coordinar e realizar o mantemento do mesmo, así como servir de enlace entre os praceiros”.

Agora, engade o Concello, “estanse a levar a cabo tarefas de mantemento moi demandadas por traballadores e comerciantes, como son a substitución dos desaugadoiros que estaban oxidados por uns dun material resistente e que non se deteriore con tanta facilidade”. Nas vindeiras semanas vaise proceder tamén á dotación de imprimación do chan cunha capa anti-escorregante para evitar caídas producidas polo desgaste do piso actual.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.