O BNG de Noia aposta por unha plataforma de comercialización inclusiva

05 Febreiro 2021

O Partido Nacionalista noiés emitiu estes días un comunicado no que sinala que “é de vital importancia poñer en marcha unha plataforma de comercialización que acolla a todo o empresariado e a todos os sectores económicos da localidade”. Dito soporte, din, “debe estimular a economía de proximidade, sobre todo neste momento de pandemia”. Ricardo Suárez, o portavoz do BNG en Noia, sinalou que “é un servizo que xa debera existir, como acontece en moitos dos municipios da contorna”.

O BNG levou a proposta ao pleno da Corporación municipal, no que decidiron renunciar á votación dos acordos en aras de acadar un consenso unánime nos obxectivos. Desta forma, antonte convocouse unha reunión na mesa de comercio local, co fin de achegar os diversos puntos de vista. Tras a congregación, os nacionalistas concordaron na importancia de poñer en marcha este servizo aberto a todo o empresariado.

O colectivo Noia Histórica adoptou o compromiso de traballar nunha proposta a partir das conclusións ás que se chegaron na reunión, que será presentada e valorada por unha nova mesa de comercio o próximo 23 de febreiro.

Doutra banda, o partido sinala a necesidade de renovar a composición da Mesa de comercio local para que sexa máis plural, considerando que o colectivo Praza de Abastos (USPAN) debería estar presente, xa que ten moita importancia no ámbito comercial.

Outros artigos

A pintura de Rosa Fernández Caamaño regresa a Noia

O Casino de Noia acolle do 4 ao 31 de agosto unha nova exposición da artista noiésa Rosa Fernández Caamaño, unha oportunidade para descubrir a obra dunha creadora profundamente vencellada á súa terra de orixe. Nada en Noia, Rosa Fernández Caamaño desenvolveu a súa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.