O BNG consegue un acordo xeral para recuperar de urxencia a cifra de profesionais no Centro de Saúde de Ribeira

11 Febreiro 2021

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) vén de informar da consecución dun “acordo unánime” para a reposición inmediata do número habitual de profesionais sanitarios do Centro de Saúde de Ribeira.

Este logro é froito dunha iniciativa defendida polo pola deputada Rosana Pérez, que tamén incluíu na solicitude do seu equipo “reforzar o cadro de persoal ante as necesidades derivadas da pandemia, substituír as baixas do persoal e buscar, sen dilación, alternativas a falta de espazo no centro no que atinxe ao PAC”. A iniciativa foi aprobada por todos os grupos parlamentarios.

Rosana Pérez tamén reivindicou que se normalice a situación no consultorio de Corrubedo, onde dos dous profesionais sanitarios que desenvolven alí o seu labor, un accedeu ás vacacións “tras dous anos”, polo que, segundo lembra o BNG, “a Consellería decidiu trasladar a Corrubedo un dos médicos do Centro de Saúde de Ribeira, un centro xa precario na súa dotación de falcultativos/as”.

Para o grupo nacionalista, nas dependencias de Ribeira é preciso que 9 médicos ou médicas atendan pola mañá e 5 pola tarde, ademais de 4 pediatras. Porén, explican, “a realidade é que no mes de decembro, dos 9 facultativos da mañá quedaron entre 5 ou 6 e moitas veces, 3 ou 4; e na quenda da tarde, dos catro pediatras só había 2 e unha delas consultando dúas tardes á semana e outra tarde cubríase cun profesional que procedía de outros centros da comarca ou do Hospital da Barbanza”. Segundo denuncian, este estado de cousas deriva no feito de que o centro de Riberia non conte con pediatra durante dúas tardes á semana, “algo que tamén se produce no centro da Pobra dende hai moito tempo”. E engaden: “Os nenos e nenas desta localidade están sendo atendidos no centro de Ribeira e Boiro”.

A deputada tamén fixo saber que nas dependencias de Ribeira “o recorte de persoal é escandaloso” pero “tamén hai problema gravísimo co espazo. Ao fío desta cuestión, explicou que o PAC contaba con dúas salas pero “a consellería decidiu habilitar unha máis suprimindo un almacén que foi trasladado á sala de reunións do persoal”. A nacionalista lembrou que tanto o alcalde de Ribeira como o PP en período electoral “prometeron a ampliación do centro e incluso buscar un novo emprazamento pero a realidade é que continuamos cun PAC totalmente insuficiente”.

Rosana Pérez tamén falou do Hospital da Barbanza e dixo que presenta deficiencias, polo que pediu “un compromiso do Partido popular para paliar os recortes acumulados durante os gobernos populares”. O Hospital, explicou a parlamentaria do BNG, “inclúe os concellos da comarca pero tamén Porto do Son e pacientes de Lousame, e nos orzamentos do 2021 non se achegan ao investimento do goberno bipartito do ano 2009”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.