O alumnado de O Pote II, en Ribeira, organizou unha degustación de produtos típicos do Entroido

12 Febreiro 2021

Reivindicar a gastronomía do Entroido foi o obxectivo dunha experiencia gastronómica celebrada este xoves 11 polo alumnado do obradoiro de emprego O Pote II de Ribeira. Foi, en concreto, unha degustación de produtos destas datas (orellas e filloas) destinada á comunidade da asociación local AMBAR.

A elaboración dos produtos típicos celebrouse no segundo andar do edificio do mercado municipal, a cargo do alumnado-traballador deste programa de emprego, da especialidade Operacións Básicas de Cociña, que dirixe o mestre Patxi Movilla.

O obxectivo da actividade foi, segundo informou o Concello, “o de achegar a estes usuarios/as os produtos e elaboracións típicas da nosa cultura culinaria, facendo entrega das mesmas nas súas instalacións, sempre adaptándose á nova normalidade e gardando, en todo momento, as medidas hixiénico-sanitarias derivadas da situación actual da COVID-19”.

O Pote II comezou o pasado 15 de novembro de 2020 e terá unha duración de 12 meses. É un programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas participantes, neste caso, 15 moz@s incluídas no ficheiro do sistema nacional de Garantía Xuvenil, promovido polo Concello de Ribeira, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e co-financiado pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.