Noia mostrará en verán unha nova fachada marítima

24 Febreiro 2021

O alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, anunciou que Noia mostrará en verán unha nova fachada marítima, xa que se agarda que os traballos estean rematados en xullo. A actuación dará continuidade á executada por Portos de Galicia na franxa entre o Peirao do Marqués e Costa Ferrador.

O proxecto supón un custe total dun millón de euros e inclúe a ampliación da rotonda que une a ponte do Campo das Rodas cos peiraos de Gasset e Cardaso, ademais da construción dunha pasarela cunha plataforma paralela ao tránsito peonil. Santiago Freire explicou que “dende fai dúas semanas retomáronse as obras de instalación da pasarela de estrutura voada e nestes momentos, estase acopiando para iniciar a súa colocación, que se vai levar a cabo ao longo das vindeiras semanas”.

O obxectivo principal das obras é mellorar a seguridade peonil e o aspecto e funcionalidade da fachada marítima. Doutra banda, os traballos aliviarán a circulación do tránsito de vehículos por medio de dous peiraos e renovarán infraestruturas de saneamento e de abastecemento de auga, entre outras.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.