Na Pobra, convocado o proceso dunha bolsa de emprego para as funcións de atención ao público no Museo

22 Febreiro 2021

O Concello da Pobra informa da convocatoria dun proceso selectivo para formar unha bolsa de emprego para técnica/técnico do Museo Valle-Inclán (unha vez aprobadas as bases reguladoras que rexerán o proceso selectivo da formación). As probas selectivas realizaranse mediante un concurso-oposición para a cobertura en réxime laboral temporal do posto indicado para as funcións de atención ao público no Museo, así como “a colaboración e asistencia na elaboración e execución de actividades puntuais da institución museística que poidan xurdir”, engadiu o Concello.

As persoas aspirantes deberán cumprir unha serie de requisitos mínimos, entre eles, estar en posesión, ou en condición de obtelo na data de remate do prazo de presentación de instancias, do título universitario ou o equivalente requirido segundo o espazo europeo de educación superior, con formación académica nalgunha das materias que se relacionan coa especialidade do campo á cal se opta: grao en Historia, Historia da Arte, ou o antigo nivel de licenciatura en Historia, ou Historia da Arte, ou Museoloxía.

O prazo de presentación de instancias será de dez días hábiles contados dende o seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), neste luns 22, se ben o texto íntegro das bases reguladoras das probas selectivas xa está no taboleiro de anuncios do Concello e na súa sede electrónica.

Para tomar parte na selección, as persoas interesadas deberán solicitar a súa participación mediante a instancia que se recolle no anexo II das referidas bases, dirixida ó alcalde. O Concello engade que xunto coa solicitude débense achegar as fotocopias dos documentos xustificativos de cumprir oi requisitos de participación e os que acrediten os méritos alegados para a fase do concurso de méritos. Toda a información detallada está á disposición nas canles xa referidas.

Outros artigos

A pobrense Raquel Sendón toma posesión como decana de Farmacia

Raquel Sendón toma posesión como decana de Farmacia co propósito de “seguir contribuíndo ao progreso e o coidado da sociedade” A nova decana asume o cargo nun momento clave, marcado polo inicio das obras do novo edificio do centro e as vésperas do seu 170º...

+

A Parranda La Aldea visita a Pobra do Caramiñal

A Pobra do Caramiñal recibiu na mañá deste xoves 9 de xullo a visita dos integrantes da Parranda La Aldea, procedentes da Aldea de San Nicolás (Gran Canaria), formación participante no XIII Encontro de Música e Baile Tradicional. A delegación foi recibida na Casa do...

+

Adiada ao 24 de xullo a V Carreira Solidaria Móvete pola Diabetes

A celebración da V Carreira Solidaria Móvete pola Diabetes terá lugar finalmente o venres 24 de xullo na Pobra do Caramiñal. A cita está organizada polo Concello da Pobra do Caramiñal, Anedia, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.