Medio Ambiente e Ecoembes entregan case 700 novos contedores amarelos e azuis a concellos galegos

27 Febreiro 2021

A Xunta de Galicia e Ecoembes instalarán case 700 novos colectores en 32 concellos galegos para que os cidadáns poidan reciclar os seus envases de plásticos, latas e briks (contedor amarelo), e papel e cartón (contedor azul).

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Ecoembes, organización ambiental sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe de envases en España, veñen de impulsar esta acción -á que se destinan 240.000 euros- recollida dentro do plan para fomentar e reforzar a reciclaxe na Comunidade galega.
Así, a actual rede de reciclaxe de envases e papel, que conta con máis de 5.000 puntos ao logo da xeografía galega, increméntase en 555 puntos máis para a reciclaxe de plásticos, latas e briks e en case 140 novos contedores azuis, para a reciclaxe de papel e cartón.

Ademais deste incremento de contedores amarelos e azuis, ambas entidades colaboración en campañas como Únete ao Reto, que se está levando a cabo en varios municipios, como son Ribeira, Ourense, Ferrol, Arteixo, Carballo, Ponteareas, Lalín, O Porriño, Boiro, Teo, A Estrada, Sanxenxo, Tui, Viveiro e Cambados e que ten como obxectivo que os concellos participantes que melloren polo menos un 10% a súa achega ao colector amarelo respecto ao mesmo período do ano pasado. Todos aquelas entidades locais que sexan capaces de mellorar ditas cifras acadarán un premio de 2.000 euros que se doará a unha causa social local da súa elección.

Outro dos proxectos nos que a Xunta e Ecoembes tamén veñen colaborando é o o proxecto Horeca, unha iniciativa para fomentar que os negocios de hostalaría, restauración e catering separen os envases nas súas instalacións e que xa conta con máis de 3.000 locais que mostran a súa concienciación ambiental en máis de 120 concellos de toda Galicia.

Outros artigos

A Pobra do Caramiñal acolle este sábado a I Regata Remo de Mar Mecalsa

A praia dos Areos acollerá este sábado, 18 de xullo, a I Regata Remo de Mar Mecalsa, unha cita organizada polo Club Remo da Pobra e a Federación Galega de Remo que reunirá deportistas das categorías alevín, infantil e cadete nas modalidades C1X e C2X.  A xornada dará...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.