Falecen en Galicia 17 persoas que foran diagnosticadas por COVID-19 o que eleva a 1.967 as vítimas

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 19.966, deles 5.319 son da área da Coruña, 1.863 da de Lugo, 2.240 da de Ourense, 2.526 da de Pontevedra, 3.301 da área de Vigo, 3.023 da de Santiago e 1.694 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 248 están en UCI, 1.026 en unidades de hospitalización e 18.692 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 82.275 persoas curadas, rexistrándose 1.950 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.497.496.

O número de vítimas confirmados este domingo, aunque de días anteriores ascendeu a 17 persoas o que eleva a 1.967 o número de mortos pola Covid en Galicia.

Os confirmados foron:

Día 4 de febrero:
Muller de 89 anos, no Chus. Procedía da Residencia San José de Arzúa.

Dia 5 de febreiro:
Home de 98 anos, no Chuvi.

Dia 6 de febreiro:
Home de 74 anos, no Chuf.
Muller de 97 anos, no Chuvi.
Home de 92 anos, na Residencia Domus VI Carballo.
Muller de 89 anos, na Residencia Domus VI Carballo.
Home de 88 anos, no Chuac.
Muller de 99 anos, no Hospital Modelo da Coruña.
Home de 89 anos, no Chuo. Procedía da Residencia Quercus de Leiro.
Home de 67 anos, no Hospital de Verín.
Home de 90 anos, no Chuvi.
Home de 72 anos, no Chus.
Home de 89 anos, no Hula.

Día 7 de febreiro:
Home de 82 anos, no Chuac.
Home de 75 anos, no Chus.
Home de 79 anos, no Chus.
Home de 87 anos, no Hula. Procedía da Residencia de Sarria.

Todos eles tiñan patoloxías previas.