En Rianxo o Plan Único 2021 dará un novo impulso ao saneamento no concello e aos servizos sociais

08 Febreiro 2021

En Rianxo aprobouse finalmente este mes de febreiro o Plan Único 2021 da Deputación da Coruña. Fíxose, entre outras iniciativas, co empurrón definitivo para o abastecemento de Corques (Taragoña), o cambio da cuberta do Pavillón Polideportivo (cuxos paneis sufriron novos deterioros este inverno co pasado tren de temporais), coa creación do Centro de Información á Muller e, tamén, co fortalecemento da área de Servizos Sociais (unha iniciativa de vital importancia para o Concello, co fin de saír ao paso das graves consecuencias económicas que está a desencadear a crise sanitaria en múltiples sectores).

A proposta do grupo de Goberno (BNG-PSOE) contou coa aprobación dos grupos municipais do Partido Popular e Cidadáns, e a única abstención de Rianxo en Común.

Segundo fixo saber o grupo de Goberno, un dos puntos fundamentais do Plan Único da Deputación ten relación directa co abastecemento e co saneamento integral do concello, aos que se lles dará un novo e importante impulso. Neste senso, para achegar a auga do Ulla ao Araño promóvese unha actuación a modo de fase inicial que desde o depósito de Taragoña abastecerá Corques e baixará á estrada xeral AC-305. Esta actuación contará cun orzamento de 103.962,06 euros. Trátase, explicou o Concello, da actuación previa imprescindíbel para acometer en vindeiros plans únicos (os POS da Deputación) uns 200 metros a Outeiro e poder abastecer así A Casilla, primeira das zonas do Araño que recibiría traída pública. “De aí irase logo á Pousada e á recta do Araño”, engadiu o grupo de Goberno.

Outra das actuacións clave será o cambio definitivo da cuberta do Pavillón Polideportivo. Terá un orzamento de 136.402,83 €. Con este proxecto “búscase eliminar filtracións existentes dentro dun impulso xeral que se pretende dar ao polideportivo principal do Concello polo que pasan milleiros de persoas no ano”.

Asemade, dotarase de redes de saneamento de abastecemento de auga ao lugar de Quintáns, na parroquia de Isorna. Disporase dun orzamento de 243.527,03 €. Segundo explicou o Concello, trátase “dun proxecto que foi paralizado no seu momento dentro das actuacións da saneamento integral da ría da Xunta” e “que foi rescatado para o seu financiamento ao abeiro do Plan Único da Deputación”. O Goberno rianxeiro lembra que “Quintáns é o núcleo máis grande do Concello que fica sen saneamento, unha situación que se corrixiría con esta iniciativa”.

Respecto da creación do Centro de Información á Muller e o reforzo da Área de Servizos Sociais, mobilizarase unha contía de 144.008.82 €. Inclúese, ao abeiro desta iniciativa, o reforzo do persoal técnico e/ou administrativo, adscrito aos servizos sociais, co obxecto de “apoiar ao equipo actual, e facilitar a tramitación urxente das prestacións”. O persoal reforzarase coa incorporación dunha traballadora ou traballador. Polo que atinxe ao CIM, contará coa presenza de dúas persoas: unha psicóloga ou psicólogo e unha traballador ou traballador social. As tres prazas novas levan un investimento de 72.021,06 €. Ademais disto reforzase o gasto corrente de axuda a domicilio con 71.987,76 euros.

Tamén se destina a mellorar a xestión ordinaria a cantidade de 228.661,93 € para pagos pendentes a provedores e 100.965,23 € de financiamento de gasto corrente. A contía de 56.574,89 € reservarase para rebaixar a débeda financeira cos bancos.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.