“Efecto bolboreta”. Manuel González González

19 Febreiro 2021

Parece ser que todo comezou cunha suave brisa fresca coma o aleteo dunha
bolboreta, de xente concienciada en Alemaña, que vendo a gran cantidade de plástico que se xeraba nas grandes áreas comerciais coa envoltura de todo tipo de alimentos, decidiron organizarse e rexeitalo no mesmo supermercado, despois de realizar a compra e desembalar o produto,  depositalo no mesmo local comercial e non levalo para a casa.
Este sinxelo acto que comezou cunha brisa, converteuse nunha galerna ao veren as grandes distribuidoras, como se acumulaban os plásticos nos seus locais, os problemas que tiñan para desfacerse deles e ao aumentaren os gastos para retiralos. Reunidos os distribuidores para resolver o asunto, tomaron a típica solución deste sistema económico de “libre mercado” (os beneficios son privados, as perdas son públicas) e decidiron que as Administracións Públicas tomaran cartas no asunto e idearon que se
creara un contedor especial para o reciclado de eses envases, (contedor amarelo) cuxo reciclado pagarían os propios envasadores do produto. Pero na práctica, se carga sobre os consumidores, xa ben co aumento do prezo do produto ou nos impostos en concepto de lixo que cobran os Concellos.
Para tal fin creouse unha  empresa  que se encargaría do reciclado de todo ese material. Cal sería a miña sorpresa cando me decatei hai pouco de que a Ministra de Medio Ambiente de Malaisia se queixaba de que ata o seu país estaba chegando plástico de Europa, que presuntamente se tiña que reciclar, e xa non tiñan onde meter máis. Tíñano que devolver. Ata Oriente chegou o efecto da bolboreta e xa está dando a volta ao mundo.
Quentamento global, microplásticos ata na sopa, cambio climático, catástrofes medioambentais, pandemias, esgotamento das enerxías fósiles e das materias primas e alimentarias… que máis necesitamos para ser conscientes de que este sistema está esgotado, que temos que comezar a vivir doutra maneira?
Alternativas, hainas: produción e consumo responsables, enerxías sustentables, economías circulares, produción e consumo local, economías sustentables e ecolóxicas, priorizar o ben común e democratización e participación da cidadanía nas decisións do Estado e na Sociedade… son algúns exemplos, e non nos desculpemos co chibo expiatorio que usamos para todo “tíñano que arranxar os políticos”. Isto vai máis de compromisos persoais e de actitudes de comportamento e de alianzas coa xente afín que cree unha inercia tal que tanto os representantes públicos como o mercado se adapten ao interese xeral do ben común e non ao negocio duns poucos.
Aquí vos deixo este suspiro por si se necesita para algún furacán.

Outros artigos

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

+

“Alfredo Conde, señor de Brión”. Xosé Perozo

A tropa habitual da Asociación de Periodistas de Galicia e acompañantes o pasado martes fómonos ata Brión para arroupar a Alfredo Conde na entrega do XI Premio José Luis Alvite de xornalismo. El vive por aquelas fermosas terras de Santiago e asegura que é o lugar onde...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Profesión. Escuchador”.  Manuel Dominguez III

“Profesión. Escuchador”. Manuel Dominguez III

Profesión. Escuchador Un gravísimo problema tienen quienes habitan este país. Mi amigo aficionado a la sociología dice: De las 8 chicas que frecuentan la terraza donde realizo mi consumición tanto matutina como vespertina, las 8 damas están separadas, es decir están...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.