A comarca e Galicia vaise manter na influencia das altas presións, polo que non se agardan cambios significativos para o domingo. Así, os ceos estarán despexados en xeral, con algún intervalo de nubes baixas no extremo norte e néboas matinais en puntos do interior. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo do nordés, con intervalos fortes entre Estaca de Bares e Fisterra.

Altas presións de 1035 mb sobre as Illas Británicas, achegando estabilidade e ventos do nordés.
Atención para domingo: Vento do nordés forza 7 entre Cabo Prioriño e Estaca de Bares.
NO NOSO MAR O DOMINGO: Vento do nordés á mañá, do nordés á tarde e do leste á noite, forza 4 a 5 á mañá, 2 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Forte marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:39 | 4.0 m |
| Baixamar | 10:52 | 0.3 m |
| Preamar | 17:01 | 3.8 m |
| Baixamar | 23:00 | 0.4 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:30 | 4.0 m |
| Baixamar | 10:44 | 0.4 m |
| Preamar | 16:54 | 3.8 m |
| Baixamar | 22:54 | 0.4 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:35 | 4.0 m |
| Baixamar | 10:48 | 0.3 m |
| Preamar | 16:58 | 3.8 m |
| Baixamar | 22:58 | 0.4 m |

Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



