Cultura de Ribeira convoca no Facebook un Concurso de Máscaras de Entroido

11 Febreiro 2021

Se o Entroido foi quen de chegar a nós despois de séculos e máis séculos de historia (e de anos de prohibición), é moi probábel que cunha situación como a que estamos a vivir a festividade só requira cambiar un algo de formato e punto de vista. Poñerse, en definitiva, no lado da protección, a responsabilidade e, tamén, da creatividade. Así o entenderon no Concello de Ribeira, que, a través da Concellería de Cultura que dirixe María Sampedro, vén de convocar un Concurso de Máscaras de Entroido que se vai desenvolver nas redes sociais, principalmente no Facebook.

O certame é un convite ás rapazas e aos rapaces para que deseñen cadansúas máscaras ou caretas, as inmortalicen nunha fotografía e suban logo a imaxe resultante ao seu Facebook etiquetándoa a EntérateCulturaFestasXuventude e incluíndo o hashtag #EntroidoRibeira2021. As persoas participantes entrarán nun sorteo de seis vales de compra en xoguetes por importe de 50 euros. O concurso está destinado a nenas e nenos de entre 3 e 13 anos. Quen precise máis datos sobre a iniciativa, amais de consultar as bases, pode facelo na web www.ribeira.gal.

A área de Cultura de Ribeira puxo en marcha este concurso co fin de “poñer en valor de xeito virtual o Entroido neste contexto de pandemia sanitaria”, e facelo “animando á cidadanía a participar dende as súas casas a través do deseño de máscaras, caretas, antifaces tradicionais de carnaval para a poboación infantil e xuvenil de xeito que entre todos os participantes que cumpran coas bases se realizará un sorteo de 6 vales de compra en xoguetes valorados en 50 € cada un”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.