En Rianxo “Campaña SOS hostalería”. O mércores protestarán diante do Consistorio

21 Febreiro 2021


Tal como fixeron os hostaleiros de Boiro, Ribeira, A Pobra, Noia e Muros os hosteleiros de Rianxo convocan unha protesta para reclamar o rescate do sector. A concentración será o mércores ás 19.00 horas, diante da Casa Consistorial.

Consistorio de Rianxo

A acción da ARE (Asociación Rianxeira de Empresarios), enmárcase na campaña en apoio da hostalería local que previamente repartiu a exposición de carteis, con mensaxes reivindicativos, nos escaparates dos establecementos comerciais e de hostalería que decidiron colaborar.


Ao longo desta semana repartíronse carteis de distintos tamaños e con diferentes mensaxes co fin de denunciar a difícil situación que está a vivir a hostalería e esixir un plan de rescate específico e xusto para o sector.
Así mesmo, quérese facer un chamamento público a tódolos responsables políticos e facer constar que a hostalaría é un sector igual de seguro que outros que seguen a exercer a súa actividade con medidas específicas a axeitadas.
A ARe convida a tódolos negocios locais a participar nesta campaña, sexan ou non asociados da ARE. Aqueles que queiran colaborar poden pasar a recoller os carteis pola sede da Asociación ou contactar con nós para
que poidamos facerllos chegar.
VÍDEO EN APOIO DA HOSTALERÍA DE RIANXO
Ademais, ven de colgarse no Youtube un vídeo realizado a iniciativa de diversos negocios de Rianxo e no que colabora a ARE en apoio aos seus socios da hostalería.
Con este vídeo preténdese resaltar a importancia da hostalería para a economía local e quérese mostrar ao sector que contan co apoio do resto dos negocios locais, xa que todos formamos parte dunha mesma cadea
é, dun xeito ou outro, nos vemos afectados. No vídeo colaboran 30 negocios:

Acuarela
Bar A Roda
Bar Lino
Bar Nova Era
Bar O Costillar
Bar Saraiba
Bar Sun
Barbería LG
Cafetería Braisa
Carpintería Figueira

Cazapitas
Estanco Xacobiño
Europunto
Exclusivas Bastos
Exclusivas Tembra
Felipe Ces
Froiz Rianxo
Instalacións Jorge Rey
Kiosko José Ramón
Librería Cándido

Mercería Punthadas
Mexillón de Ouro
O César
Panadería Pireta
Parrillada Ourense
Peluquería Mariano
Peluquería Pelos
Pescados Carreño
Supermercados Sara
Ultramarinos Soto

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.