Aprobada en Noia a proposta do BNG para habilitar estacionamentos con motivo da campaña de vacinación

26 Febreiro 2021
O Centro de Saúde de Noia nunha imaxe de Canal Rías Baixas

O Bloque Nacionalista Galego de Noia informou da aprobación, por parte da Corporación municipal, da proposta achegada polo BNG para habilitar estacionamento específico para a campaña de vacinación. A iniciativa, que obtén luz verde por unanimidade, consiste en subministrar prazas de aparcamento na contorna do Centro de Saúde noiés para o uso exclusivo daquelas persoas maiores e/ou con mobilidade reducida que teñan que acceder ao edificio sanitario durante a campaña de vacinación que se está a desenvolver para a inmunización da poboación fronte á COVID.

O BNG presentou esta iniciativa en forma de emenda de adhesión á proposta do grupo socialista de instar á Xunta a facilitar a realización de probas PCR na localidade noiesa.

O BNG fai saber que o PSdG aceptou a emenda, xa pactada cos nacionalistas con anterioridade, nun punto que foi aprobado coa unanimidade do pleno.

Dende a formación nacionalista amosan ledicia por un acordo que “non supón un grande esforzo pero redundará nunha maior comodidade para as persoas que acudan ao centro” e din agardar que “o Goberno local faga efectiva a proposta o máis axiña posíbel”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.