Alerta laranxa por temporal costeiro e de vento na Coruña e Pontevedra

18 Febreiro 2021


A Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta activou un aviso de nivel laranxa por temporal costeiro e vento que afectará desde este venres ás provincias da Coruña e Pontevedra.

Espéranse ventos do sur e do suroeste que poden alcanzar os 100 quilómetros por hora e que afectarán a partir deste venres ao mediodía ao oeste e suroeste da Coruña e a toda a provincia de Pontevedra.

A Aemet tamén alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa no litoral da Coruña e Pontevedra. Espéranse ventos do sur de forza 8, que no oeste da Coruña poden chegar a forza 9, ademais de mar combinada do oeste e do suroeste con ondas de entre 5 e 6 metros, que temporalmente poden aumentar a entre 6 e 7 metros.

No tempo a comarca e Galicia quedará durante o venres baixo a influencia dunha profunda borrasca que se situará ó oeste de Irlanda. Unha fronte asociada a esa baixa afectará á nosa Comunidade nas últimas horas do día. Prevese así unha xornada cos ceos parcialmente cubertos no norte e leste mentres que no sur e na franxa atlántica os ceos estarán cubertos, con chuvias febles e intermitentes ao longo do día. Durante a noite as chuvias serán localmente fortes no extremo oeste. As temperaturas mínimas terán un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios significativos. O vento soprará forte do sur, con refachos moi fortes no litoral e zonas altas.

Borrasca de 957 mb ao noroeste de Irlanda.Atención para venres:Ventos do sur forza 8, con intervalos de 9 no litoral atlántico. Ondas entre 4 e 5 metros, superando os 5 metros na Costa da Morte.

No mar: Vento do sur á mañá e do sur á tarde e á noite, forza 6 a 8 á mañá, 7 a 8 á tarde e 7 a 9 á noite. Vaga á mañá e á tarde e vagallón á noite. Visibilidade mala. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2.5 a 3 metros á mañá, 3 a 4 metros á tarde e 4 a 5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar02:271.4 m
Preamar08:432.9 m
Baixamar14:501.4 m
Preamar21:122.8 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar02:181.4 m
Preamar08:342.8 m
Baixamar14:441.5 m
Preamar21:042.7 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar02:231.4 m
Preamar08:392.9 m
Baixamar14:471.4 m
Preamar21:092.7 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.