A Xunta incrementou case 20.000 horas anuais do Servizo de Axuda no Fogar de 7 concellos da comarca

08 Febreiro 2021

O aumento de horas no Servizo de Axuda do Fogar está permitindo atender a todas as persoas que precisan deste recurso.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia coa alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, durante a cal lle informou do plan de reforzo do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). O incremento das horas asignadas para o financiamento do servizo, dirixido a persoas en situación de dependencia recoñecida, en máis dun millón de horas anuais está permitindo atender a todas as persoas que se atopan á espera da asignación efectiva do recurso.
No caso de Muros, o delegado destacou que a Xunta aumentou en máis 460 horas o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) postas a disposición do Concello, ata superar as 25.390 horas anuais. Neste momento, este municipio atende a 55 persoas a través deste servizo.
Respecto á comarca do Barbanza, Gonzalo Trenor informou que o plan de reforzo se traduciu nun incremento de case 20.000 horas anuais para os concellos de Carnota, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, A Pobra do Caramiñal e Rianxo. O incremento permitiu a estes municipios pasar das 185.736 horas de que dispoñían ata o momento ás 205.416 horas coas que contan na actualidade. En total, estes 7 concellos atenden a 382 persoas e
contarán con marxe para incrementar o servizo en 2021 se fose necesario.
O representante da Xunta na Coruña destacou, así mesmo, que a Consellería de Política Social vén de incrementar en 10 millóns de euros o investimento destinado ao SAF, que en 2021 ascenderá a un total de 83,6 millóns de euros. Na provincia este incremento levouse a cabo en 51 concellos, o que significa un aumento nestes concellos de preto de 685.000
horas anuais ata chegar a un total de máis de 4,3 millóns de horas ao ano e 4.133 usuarios.
Implicación do Goberno central
Trenor lembrou que nestes momentos en Galicia invístense nas persoas dependentes un total de 400 millóns de euros ao ano, dos que máis de tres cuartas partes —o 76%— veñen das arcas autonómicas, e só o 24% restante proceden da Administración xeral do Estado.
O representante do Goberno autonómico lembrou que Galicia e as demais comunidades autónomas levan anos solicitando o cumprimento da Lei respecto á parte do financiamento que corresponde ao Goberno central.

Aínda que o Goberno galego valora positivamente o incremento da achega anunciado polo Executivo central, esta contía segue a estar moi lonxe do cofinanciamento que marca a lexislación e que establece que asuma o 50% do gasto total. Neste sentido, apuntou que coa implicación de todas as Administracións poderase seguir incrementando a atención e os servizos destinados ás persoas dependentes e ás persoas con discapacidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

Vivo na Milagrosa, onde hai tempo entrar no recinto murado era “ir a Lugo”, e agora – integrados mesmo nominalmente – o que antes parecía distante, a paso setentón faise en vinte minutos, e trinta se temos a ousadía de levar o coche. O centro de saúde da rúa...

“Ser joven en España”. José Castro López

“Ser joven en España”. José Castro López

La mayoría de las sentencias judiciales pasan desapercibidas. Otras, sin embargo, sonmuy llamativas porque el veredicto recae sobre aspectos muy sensibles de la vida socialo familiar. Como ha ocurrido en Italia.Hace unos meses un tribunal obligó a dos hombres de 40 y...