A policia nacional segue a investigación da profanación do camposanto de Castiñeiras. As familias están a presentar denuncia

17 Febreiro 2021

A Policia Nacional segue a investigación do asalto e profanación de sete tumbas do camposanto de Castiñeiras. A investigación levada a cabo pola unidade da policia xudicial e científica, segue á busca das posible causas deste acto que indignou á pequena parroquia ribeirense e a toda a comarca.

Nas últimas horas familiares das persoas soterradas nas tumbas profanadas, están a presentar denuncia na Comisaria de Ribeira.

Segundo poido saber O Barbanza de momento non hai ningún detido e barallanse diversas hipótese que van desde facer dano por facer, roubo, profanación e incluso prácticas de máxia negra, pero todas entran no campo especulativo.

Prosegue menters a investigación policial que está baixo secredo de sumario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.