
Rosario Sarmiento, historiadora da Arte, dará este xoves 25 de febreiro dous relatorios nos institutos de secundaria da localidade para promover o papel dos artistas galegos na denuncia dos conflitos armados.
A iniciativa está organizada pola firma cultural A Forxa, en colaboración coa Deputación de A Coruña, a Concellería de Educación e o Servizo de Normalización Lingüística de Ribeira. As conferencias levarán por título Da guerra coma arte á arte en contra da guerra e celebraranse ás 9: 40 horas no IES Leliadoura e ás 12.00 horas no IES Número 1.
Segundo Rosario Sarmiento, “a guerra, os seus protagonistas, os seus escenarios e as súas consecuencias ten sido na arte contemporánea un tema sobre o que moitos creadores traballaron, denunciando moitas veces os abusos, as atrocidades e a dor que sempre deixa tras de si calquera conflito armado”.
A historiadora afirma que “en Galicia, foi a familia de Ramón Parada Justel, un dos compoñentes da chamada Xeración Doente, a primeira en denunciar a violencia da guerra”. De feito, nomes como Luis Seoane, Castelao, Colmeiro, Arturo Souto, Federico Ribas e Isaac Díaz Pardo, entre outros, son coñecidos por delatar aos responsábeis do golpe e por contar a dramática situación da poboación civil.