A comunidade da Misela enche de corazóns os locais de Noia Histórica

11 Febreiro 2021

A asociación noiesa Misela, centrada na inclusión social dos colectivos de persoas con diversidades funcionais ou de calquera outra índole, fixo un esforzo especial nesta campaña comercial do 14 de febreiro (San Valentín) para engalanar os establecementos de Noia Histórica. O obxectivo foi máis alá da simple decoración: tratábase de incentivar ao máximo o compromiso da cidadanía co comercio de proximidade, agora que son máis necesarios ca nunca ese compromiso e esa fidelidade.

Os traballos despregados pola comunidade de A Misela consistiron na elaboración de corazóns ecolóxicos e moi orixinais para encher, en palabras do colectivo, “Noia de amor”. Tanto a nivel presencial como nas redes os elementos decorativos despregados nas tendas e locais de Noia Histórica recibiron eloxios de maneira unánime.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...