Este sábado volve o mercadiño a Ribeira, pero só con postos de alimentación e plantas

21 Xaneiro 2021

Ribeira retomará este sábado día 23 de xaneiro o seu tradicional mercadiño, restrinxido exclusivamente aos sectores da alimentación e de plantas e flores. Así o confirmou este xoves o Concello, que indica que serán uns sesenta os postos convocados, que se distribuirán por toda a explanada portuaria. O Goberno local engadiu que a distribución garantirá o distanciamento e o paso e a distancia entre os mesmos, “en comparación co seu emprazamento habitual”.

Amais, aplicaranse todas as medidas de prevención anti-COVID (distancia social, uso obrigatorio de máscaras, xel hidroalcólico a disposición dos usuarios, etc.) e tanto a Policía Local como o GAEM e Protección Civil velarán polo seu correcto funcionamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...