Seis novos positivos na Residencia de Ribeira. O funeral por Joseiño celebrarase o luns 18

16 Xaneiro 2021

Novo aumento dos contaxios na área sanitaria de Santiago e Barbanza, que alcanza os 2.157 casos. Doce das 97 persoas hospitalizadas están en unidades de coidados intensivos.

Por outra banda o Sergas informou a última hora da mañá deste sábado de seis novos casos positivos na residencia de maiores de Ribeira. Trátase todos eles de traballadores.

En estes momentos en total rexistraronse catro falecidos, 59 positivos entre residentes e 19 traballadores afectados no brote.

Por outra banda o funeral por José Ángel López Martínez, Joseiño, falecido onte pola COVID-19 na Residencia de Maiores de Ribeira aínda que estaba no CEGADi de Santiago, celebrarase o próximo luns ás 18,30 horas na Parroquia de Santa Uxía de Ribeira, organizado polo “Pobo de Ribeira”, tal como figura na esquela. Os seus restos foron incinerados eta mañá.

Joseiño era unha persoa moi querida en Ribeira, sempre estivo vinculado o mundo do fútbol e o Atlético de Ribeira do que foi masaxista entre outros equipos. D.E.P.

Outros artigos

Ribeira prepárase para unha nova edición do IV Ciclo da USC

O Concello de Ribeira mantén aberto o prazo de matrícula da IV Ciclo da USC ata o 24 de xullo; unha acción formativa dirixida a alumnado maior de 50 anos, tal e como indicou a concelleira de Educación, Nucha Brión. Segundo manifesta a edil, "nunca é tarde para seguir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.