Ribeira premia as fachadas máis votadas no certame de decoración de Nadal

12 Xaneiro 2021
Foto do grupo das persoas distinguidas polas veciñas e veciños a través de Facebook

O Consistorio de Ribeira deu acollida este martes 12 de xaneiro á entrega de premios do Concurso de Decoración de Nadal impulsado polo Concello de Ribeira na súa modalidade de decoración de fachadas, balcóns e xardíns. As contribucións finalmente galardoadas foron elixidas pola cidadanía nas redes sociais, ao ser as que máis gústames acadaron na páxina de Facebook de Entérate Ribeira. Ás contribucións gañadoras (primeiro, segundo e terceiro premio) entregóuselles 300, 210 e 120 euros en vales de compra.

O alcalde entregando o primeiro premio

Así, o primeiro premio foi para Elisa Mary García Fernández, de Parte ao Río (parroquia de Carreira) con 1.536 gústames.

Entrega do segundo dos galardóns

O segundo posto ocupouno José Manuel Parada Paz, tamén de Parte ao Río, con 1.244 gústames.

Ángela Pego recibiu o terceiro premio

E o terceiro premio foi para Ángela Pego Pérez, da rúa Xohana Torres en Abesadas (Ribeira), con 552 likes.

Durante o acto o alcalde Manuel Ruiz manifestou que “ao ser diferentes, necesitábamos unhas festas de Nadal que puideran ser alegres e vós —en referencia aos galardoados— alegrastes co voso labor moitas zonas”.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, María Sampedro, expresou a súa confianza en repetir a iniciativa o ano que vén e medren os participantes.

23 establecementos adheridos

Hai 23 establecementos de comercio local adheridos á campaña e nos que se poden investir os vales de compra de que consta o concurso. Son os que citamos a continuación:

1. Peluquería Imagen

2. Sportbike

3. O Capricho

4. Os Nenos

5. A Fiandeira do Rueiro

6. Abuela Gloria Vinoteca

7. Joyería Fina Carabel

8. Trazos Arte Estudio

9. Xade Complementos

10. Cempés

11. Libros Ari

12. Algodón y Regaliz

3. Trastiños Puericultura

14. Black estevez

15. Champion Sport Atmosfera

16. Administración de Loterias La Fortuna nº3

17. Genas Complementos

18. Electrodomesticos Sampedro

19. Marfil

20. Pillados

21. El Rincón del Chocolate

22. Tapicería González

23. Peluqueria y Estética Ángeles

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.