Rianxo en Común propón habilitar un servizo gratuíto de reparto para a hostalería local

27 Xaneiro 2021

O grupo Rianxo en Común, a través do seu voceiro Julián Bustelo, presentou unha proposta para fortalecer a ampliar as medidas que o Concello está a desenvolver para axudar á hostalería local nun contexto, o actual da pandemia e das fortes medidas restritivas para atallala, no que se intensifican as consecuencias negativas para o sector. En concreto, propoñen habilitar un servizo de reparto de comidas que non teña custe para os establecementos.

Segundo explica a agrupación, “vivimos un momento absolutamente excepcional para moitas veciñas e veciños, despois de case un ano de restricións que se ven agravadas polo durísimo golpe que representan as novas disposicións de xaneiro e febreiro para a mediana e pequena economía rianxeira, e particularmente para o sector da hostalería”.

Rianxo en Común sostén na súa proposta que o Goberno de Rianxo, así como os dous grupos políticos que o conforman, o BNG e o PSOE, non poden seguir poñéndose se perfil e mirando cara a outras administracións á espera de medidas de apoio”. A fío disto e tendo en conta o que implica a orde deste 26 de xaneiro (que até o 17 do mes seguinte os locais de hostalería só poderán prestar servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local), o grupo cidadán propón que a asignación económica que mensualmente reciben os grupos políticos da Corporación se adique á contratación dun servizo de reparto de comidas e produtos a domicilio para ofrecelo de maneira gratuíta á hostalería do termo municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.