Reflotado un pesqueiro en Escarabote

Un pesqueiro que estaba amarrado no peirao de Escarabote apareceu semiafundido durante a mañá deste luns.

A primeira hora os veciños alertaron a emerxencias de Boiro do afundimento do pequeiro. Descoñécese a causa que provocou o naufraxio, aínda que se estima que puido deberse a unha vía de auga que se produciu durante a madrugada. A embarcación foi reflotada horas despois.

Foto remitida