Preto de 400.000 euros en axudas á hostalaría do Barbanza

23 Xaneiro 2021

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, informou que no marco do Plan de Rescate posto en marcha polo Goberno galego, desde o inicio da pandemia, a Xunta deseñou tres liñas de apoios complementarias
entre si das que se puideron beneficiar os establecementos de restauración, bebidas e aloxamento e dirixidas ás persoas traballadoras autónomas, microempresas e especificamente ao sector da hostalaría.
O representante do Goberno autonómico concretou os datos por comarcas. Na área do Barbanza repartíronse 164 axudas para a hostalería con achegas que sumaron máis de 397.000 euros e na provincia outras 7.685 axudas que ascenderon a 14,8 millóns de euros.
Novo plan de rescate
Trenor lembrou que esta mesma semana o Presidente da Xunta xa anunciou o segundo Plan de rescate para autónomos, microempresas e hostalería que contará como mínimo con 50 millóns de euros e, deste xeito, en 90 días a Xunta sumará 140 millóns de euros en axudas para estes sectores.
“O investimento do II Plan de rescate sumarase aos 86,2 millóns de euros do primeiro, do que a maior parte xa está pagado”, recalcou o delegado territorial.
O representante do Goberno autonómico insistiu en que “a Xunta vai a seguir poñendo os cartos que sexan necesarios asumindo a nosa responsabilidade porque non podemos condicionar as nosas axudas a que outras administracións tamén respondan ás solicitudes do sector”.
Colaboración entre administracións
Gonzalo Trenor lembrou a proposta do sector e do Goberno autonómico de crear un fondo de cooperación Covid-19 que materialice o traballo conxunto de Xunta, deputacións e concellos. Neste senso, destacou a colaboración manifestada pola Xunta para poñer en marcha este novo plan de axudas e que se faga de forma coordinada de xeito que o Goberno autonómico aportará o 50%, as catro deputacións o 30% e os concellos o 20% restante, na liña do modelo da Comunidade Autónoma de Valencia. “Todas as administracións teñen que colaborar coa hostalería e temos que facelo de forma conxunta como solicitan os propios afectados. Neste senso, mostrou a súa confianza en que a proposta plantexada polos propios hostaleiros conte tamén co apoio do goberno provincial e
dos respectivos concellos”, recalcou.
Trenor insistiu en que “nesta nova fase apelamos máis que nunca á implicación de todos. É o momento de actuar con altura de miras, máis aló de cores políticas ou debates estériles sobre competencias”. O representante do Goberno galego recalcou que “somos moi conscientes de que estamos pedindo un descomunal novo esforzo ao tecido empresarial para preservar a saúde de todos galegos e galegas, pero ese sacrificio virá acompañando
de novos apoios directas ao sector e agardamos que sexa de forma coordinada como eles mesmos nos solicitan”.

Outros artigos

A Pobra ofrece viaxes personalizadas en veleiro pola ría de Arousa

A actividade levarase as fines de semana de xullo e agosto, celebrándose a primeira este sábado, día 19. O Concello da Pobra do Caramiñal lanza, un verán máis, unha das súas propostas estrela: excursións en grupo reducido a bordo dun veleiro pola ría de Arousa, a máis...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.