Os socialistas de Noia piden a Sanidade que permita facer as probas PCR no Centro de Saúde local

12 Xaneiro 2021

No pleno de xaneiro, o grupo socialista local vai presentar un moción relativa ao Centro de Saúde de Noia, co obxectivo de instar á Consellería de Sanidade a que dote cos medios precisos o dito centro de asistencia, “para que a cidadanía poida facer as probas diagnósticas da COVID-19 sen ter que desprazarse a Santiago de Compostela”.

O PSdG-PSOE de Noia informa de que houbo casos de persoas con sintomatoloxía compatíbel coa COVID-19 que foron citadas para as PCR no CHUS, “e ante a imposibilidade de poder ir en vehículo propio, se lles indica dende o servizo telefónico do SERGAS que se despracen en taxi ou transporte público para poder realizar as probas”, sinalan.

Dende o Grupo Municipal do PSdG-PSOE consideran que “ante o risco de aumentar os contaxios a familiares, traballadores, ou usuarios do transporte público e taxistas; dende o Concello de Noia débese solicitar á Consellería de Sanidade que o SERGAS descentralice este servizo, e dote ao Centro de Saúde de Noia cos medios precisos, materiais como persoais, para que se podan facer estas probas diagnósticas da COVID sen ter que desprazarse ata o Hospital Universitario de Santiago”.

O voceiro do grupo municipal, Roberto Iglesias, considera que “Noia pode ser o lugar axeitado para que a veciñanza do noso Concello e localidades próximas non se teñan que desprazar a Santiago a facer este tipo de proba co prexuízo que supón para as persoas que se teñen que desprazar, e o risco para os posíbeis contactos no desprazamento, no caso de que finalmente sexan positivos”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.