Os Reis Magos repartiron ilusión entre a veciñanza da Pobra

06 Xaneiro 2021

As súas maxestades os Reis do Oriente visitaron no día de hoxe, 05 de xaneiro, o municipio da Pobra, realizando un percorrido en coches descapotables, para que toda a veciñanza, grandes e pequenos, puidese ve-los e saudarse.
Antes do inicio da súa viaxe por todo o termo municipal, incluídas as parroquias, Melchor, Gaspar e Baltasar achegáronse ata o Consistorio e, a través dun vídeo emitido no Facebook do Concello da Pobra do Caramiñal, transmitiron as súas mensaxes.
No transcurso do itinerario contouse coa colaboración da Policía local e da
Protección Civil. Ademais, a ruta difundiuse por streaming a través da referida conta do Facebook, onde permanece colgado o contido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...