Os concellos de Noia, Porto do Son e Carnota recibirán da Xunta 251.000€ para impulsar a eficiencia enerxética e as enerxías renovables

29 Xaneiro 2021

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo esta mañá unha reunión telemática co alcalde de Noia, Santiago Freire. No encontro virtual o representante do Goberno autonómico informou da resolución destinada aos municipios da comarca, apoiaranse seis actuacións en 3 concellos do Barbanza, concretamente: en Carnota no pavillón polideportivo; en Porto do Son na Casa do Concello, no colexio Xuño e no centro de saúde; e en Noia no centro social de Orro e na piscina municipal. En total, a Xunta apoiará todos estes proxectos cun investimento de máis de 250.000 euros e mobilizará unha partida de máis de 331.000 euros.

Xuntanza do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, co alcalde de Noia, Santiago Freire

No caso concreto de Noia contarán cunha axuda do Inega (Instituto Enerxético de Galicia) para a piscina municipal na que se instalarán 102 paneis solares cunha achega da Xunta de máis de 33.000 euros para un proxecto que ten un custo global de algo máis de 44.000. Ademais, neste concello tamén está prevista unha axuda de case 2.000 euros para a instalación dunha caldeira no centro social de Orro.

Trenor explicou que estas actuacións de enerxías renovables térmicas de instalacións de caldeiras para administracións locais, cofinanciados con fondos Feder, permiten un aforro anual de 0,3 millóns de euros na factura enerxética, un aforro anual de enerxía de 7500MWh -o que equivale a uns 0,75 millóns de litros de gasóleo- e unha redución de emisións de 2250 toneladas de CO2 ao ano.

En canto aos proxectos de enerxía fotovoltaica de instalación de paneis solares en concellos, cofinanciados con fondos Feder, as actuacións executadas permiten aforros anuais enerxéticos de 3600MWh e económicos de 0,43M€, ademais dunha redución de emisións de 1300 toneladas de CO2 ao ano. O delegado da Xunta apuntou “que estas axudas dispoñen dunha intensidade do 80% para as administracións cun máximo de 250.000 euros por proxecto”.

Galicia mantén, deste xeito, o seu compromiso cunha Galicia máis verde, a través de apoios que buscan fomentar tanto o uso das enerxías renovables como unha maior eficiencia enerxética, tanto no eido dos fogares galegos, como das administracións, empresas e entidades. Ademais, estas axudas se inclúen dentro do compromiso do Goberno galego de cooperación cos concellos para ofrecer uns mellores servizos e para achegar a administración autonómica aos cidadáns.

Neste senso, a Xunta vén de abrir a convocatoria das axudas para empresas do sector agrícola primario coas que se prevé mobilizar 8,5M€ en 200 proxectos de enerxías renovables e eficiencia cos que se crearán 70 empregos. Tamén está aberta a convocatoria de apoios dirixidos a promover o aforro e a eficiencia enerxética en empresas dos sectores industrial e servizos que mobilizarán mais de 42 millóns de euros e permitirán aforros de sete millóns de euros ao ano nas súas facturas.

Trenor tamén se referiu ás convocatorias de axudas de proxectos de enerxías renovables e fotovoltaica dirixidas a particulares e comunidades de veciños cuxo prazo de solicitude se abrirá en marzo. Coas dúas liñas de axudas (renovables térmicas e autoconsumo) se pretende chegar a 1.600 fogares galegos. En total, destínanse 5,1M€ coa previsión de mobilizar 13,5 millóns de investimento público-privado, xerar aforros económicos de 900.000 euros anuais nas facturas enerxéticas e aforros de enerxía de 18.500MWh ao ano, reducir 5600 toneladas de emisións de CO2 –o equivalente á acción de 250.000 árbores– e crear 140 postos de traballo. Os particulares terán o prazo aberto, para as dúas liñas, ata o 1 de xullo e a data límite de execución e xustificación será o 30 de setembro.

Outros artigos

A Marea de Noia require unha inspección da ETAP

O voceiro da Marea de Noia, Manolo Seijas, presentou un escrito ante a inspección de sanidade sobre a auga municipal no que require ao dito departamento unha análise exhaustiva da ETAP (Estación Tratamento de Auga Potábel) para verificar o estado da mesma e do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...