O Noia FS ficha ao arxentino Agustín Raggiati

04 Xaneiro 2021

O ala-peche arxentino de 20 anos, Agustín “Power” Raggiati, chega como reforzo invernal para o Noia Portus Apostoli FS procedente do Palma Futsal, onde estaba xogando co seu filial na Segunda División B.

O xogador, de apenas 20 anos, é unha das grandes xoias do fútbol arxentino, onde se formou como futbolista en El Talar de Bos Aires e co que conseguir o ascenso á Primeira División na 20217/2018 con 17 anos. Ademais, “Power” Raggiati é un habitual nas categorías inferiores arxentinas, acumulando máis de 40 partidos entre a Sub 18, coa que conseguiu o subcampionato do Sudamericano, e a Sub-20.

Raggiati chega como reforzo para un Noia FS que está a ter un rendemento óptimo no que vai de competición, pero que, en palabras do seu adestrador, Marlon Velasco, “a mellora do cadro pasaba pola incorporación dun xogador de perfil zurdo, debido ás baixa de Lucas e de Rodri”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.