O espazo xove de Noia permitirá á mocidade solicitar a Chave365

18 Xaneiro 2021

O Goberno galego quere facer avanzar as metodoloxías que relacionan á cidadanía coa Administración a través das novas ferramentas, metodoloxías que coa chegada da COVID-19 cobraron un extra de importancia e mesmo de urxencia. Desta volta, puxo o foco nas novas xeracións. En base a isto, a Xunta habilitou os “espazos xoves” autonómicos para que todas as mozas e mozos galegos poidan solicitar de xeito presencial a Chave365. Deste xeito, búscase facilitar á mocidade galega a xestión de solicitudes, axudas ou expedientes para os que se fai necesario este contrasinal.

En concreto, este trámite poderase realizar a partir de agora nos doce espazos xuvenís autonómicos situados en Betanzos, Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Lalín, Tui, Vilagarcía, Ourense, Chantada, Vilalba e Viveiro. Tamén se pode obter no Centro Coordinador de Información Xuvenil, en Santiago, ou no Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo.

A Xunta lembrou que a Chave365 é o sistema que permite aos cidadáns maiores de idade e aos menores emancipados identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico.

Coa Chave365 a persoa usuaria identifícase co seu NIF e clave persoal e asina electronicamente cun código que recibe no seu teléfono móbil.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.