O BNG solicita a ampliación urxente do centro de saúde de Ribeira

08 Xaneiro 2021

O BNG de Ribeira presentará unha batería de iniciativas para ampliar o centro de saúde da cidade, ademais de garantir a presencialidade e reforzar o persoal.

Os nacionalistas lembran que hai dous meses o Parlamento galego aprobou por unanimidade a iniciativa do BNG para acabar coas listas de espera na atención primaria e presentar un plan de continxencia, co fin “de garantir a asistencia tanto na atención primaria como na hospitalaria”. O acordo, recordan, “propoñía reactivar as consultas presenciais na atención primaria apostando polo persoal e por medidas de prevención para garantir unha atención sanitaria digna á poboación”.

Luís Perez Barral, concelleiro do BNG en Ribeira, expón que “o Partido Popular non quere solucionar a forte presión que viven os profesionais sanitarios por mor da carga asistencial, a precariedade e a falla de medios e a descoordinación”. Isto, di, “provoca que a atención dos usuarios/as sexa cada vez peor e se agrave o deterioro do propio sistema sanitario”. Doutra banda, o concelleiro destaca que “esta situación, agravada agora aínda moito máis pola pandemia, non é nova e vén derivada dos numerosos recortes e a redución do gasto público levada a cabo polo Partido Popular nos últimos 11 anos”.

E engade: “A situación que se está a vivir no centro de saúde de Ribeira é un exemplo extremo da desidia das autoridades sanitarias e das consecuencias que implica para os seus profesionais e, sobre todo, para os seus usuarios e usuarias”, acrecentou.

Por todo o acontecido, sinalan que “a situación actual en Ribeira é crítica”.

Rosana Pérez, a deputada nacionalista explicou que “nun centro onde debían traballar decote 9 facultativos pola mañá e 5 pola tarde, ademais de 4 pediatras, hai só 6 facultativos na quenda de mañá e 3 de tarde, a parte de 2 pediatras”. Do mesmo xeito, o BNG sostén que “o centro tamén é deficitario en canto a PSX e persoal de enfermería”. A maiores, Rosana fai saber que os pacientes son máis dos que deber haber e que “estes deberían ser entre 30 e 35, pero nos últimos días do ano 2020 foron de entre 70 e 85 persoas, e a isto hai que sumarlle as urxencias”.

Ademais, din, “o centro de Ribeira está asumindo aos menores procedentes do centro de saúde da Pobra, que nestes momentos continúan sen pediatra e que provocou trasladar a unha das profesionais destinada no Hospital da Barbanza a axudar no centro de saúde”.

O grupo nacionalista engade que “hai unha gran falta de espazo no edificio, pois este quédase pequeno para a poboación á que ten que atender” e que “as autoridades locais prometeran xa hai tempo amplialo, pero a promesa non se fixo efectiva polo momento”. E explican a este respecto: “Aínda non existe un centro de saúde acorde ás necesidades que demanda o servizo, e que isto demostrou unha completa inutilidade á hora de poñerlle solución a un problema que vén de vello”. Asemade, destacaron “a sobrecarga e a saturación derivada da pandemia da COVID-19, que supón que moito menos persoal teña que atender a un maior número de pacientes, tanto telefónica como presencialmente”.

Pérez Fernández afirma que “diante deste colapso e do empeoramento da asistencia que se presta, só se suple coa voluntariedade e a adicción do persoal, mentres que as autoridades sanitarias continúan coa descoordinación, a falla de previsión e a falla de dotación de persoal que permite unha atención sanitaria digna á poboación”. En base a esta actuación, o BNG demandará no Parlamento galego e no Concello de Ribeira repoñer de inmediato o número habitual do persoal sanitario do centro de saúde de Ribeira e cubrir as baixas que se produzan por enfermidade, vacacións, ou calquera outro motivo, reforzar o cadro de persoal sanitario e non sanitario diante das necesidades derivadas da pandemia e buscar alternativas para a falla de espazo nese centro de saúde (nomeadamente no referido ao PAC), ademais de exixir as explicacións polas que non se levan a cabo as substitucións do persoal sanitario e ampliar de inmediato o centro.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

Cuando los fríos guarismos del último informe PISA vuelven a agitar los titulares con la cantinela de nuestras recurrentes carencias educativas, confirmamos que seguimos midiendo el rendimiento de las aulas con la precisión del contable pero con el desdichado desdén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.