O BNG de Noia solicita a realización dun cribado ao sector marisqueiro da ría

20 Xaneiro 2021

O BNG de Noia estuda a posibilidade de realizar un cribado ao colectivo da Confraría, xa que no próximo mes de febreiro volven ó traballo moitos profesionais do sector. Dende o partido nacionalista explican que “isto sería moi beneficioso para frear a evolución da pandemia”.

Ricardo Suárez, o portavoz dos nacionalistas púxose en contacto co alcalde do municipio noiés, Santiago Freire, para solicitarlle que poña en coñecemento do comité clínico especializado na xestión da COVID a petición de realizar este cribado no ámbito da Confraría, soamente se os expertos o consideran necesario para controlar o virus. De feito, Suárez destacou que “estas decisións lle corresponden en última instancia aos expertos”.

Doutra banda, o portavoz do BNG comentou que “ dito cribado debería ir acompañado de axuda a aqueles profesionais do sector que en caso de confinamento vexan diminuídos os seus ingresos”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.