O BNG de Noia reclama a posta en marcha dunha plataforma de comercio electrónico para os establecementos locais

25 Xaneiro 2021

O grupo municipal do BNG de Noia reclamará no vindeiro pleno ordinario (este xoves) a creación dunha plataforma municipal de comercialización que “permita ao empresariado noiés ofertar os seus produtos e servizos a través da web”.

O BNG quere que o tecido empresarial local conte cunha ferramenta nova e innovadora para “facilitar as compras e as reservas de servizos dende os domicilios a través dunha plataforma que recolla aos diferentes sectores da economía noiesa”. Para a formación nacionalista, un recurso tecnolóxico das ditas características faría máis doada a competencia “fronte as grandes empresas que contan cos medios necesarios para desenvolver os seus negocios no ámbito virtual”.

A estratexia que os nacionalistas pretenden que se leve a cabo é a de “fomentar as canles curtas de distribución, coa consecuencia de que tamén deste xeito se permita mellorar o ambiente a través da redución de emisións de CO2 que supón o incremento do consumo local e de proximidade”.

E engade o BNG de Noia: “O contexto actual, agravado pola COVID, no que a capacidade de chegar ás casas é crucial para poder competir, fai máis necesario que nunca este impulso dende a administración a pequenos comerciantes e hostaleiros”.

O BNG tamén achegou as vantaxes de promoción, marca e comunicación que poría en xogo o feito de que a plataforma en cuestión incluíse o idioma galego.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.