O BNG de Noia, moi crítico co avance das obras da fachada marítima

07 Xaneiro 2021

O Bloque Nacionalista Galego vén de mostrar a súa preocupación con respecto ao avance das obras de reforma da fachada marítima de Noia, que son, en palabras da agrupación nacionalista, “un exemplo de pasividade das administracións estatal e local”. O BNG sostén no seu comunicado que o Goberno central vén de recoñecer “implicitamente” a falta de previsión no proxecto de Adecuación da fachada marítima de Noia, en cuxas obras “veñen de aparecer canalizacións que non aparecían reflectidas nos planos”, reflicten.

O BNG considera “grave” que non se tivera feito un exhaustivo estudo para “asegurarse das condicións dos servizos do subsolo” e cualifican a contestación de “insuficiente”, pois “non valora as importantes consecuencias paisaxísticas e viarias que a falta de previsión das administracións estatal e local están a xerar sobre o municipio de Noia”.

Móstranse dende o BNG tamén críticos e preocupados coa “nula mención á volta do traballo nas obras que remate coa actuación” e din comprender “o enfado cada vez maior dunha veciñanza sen nova algunha sobre a evolución da actuación” cando “fai meses se aseguraba que estaría preparada a comezos do verán”.

Tamén se mostran críticos os nacionalistas co tratamento que se prevé aplicar aos elementos pétreos do dique de Cadarso, así como aos embarcadoiros tradicionais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.