Este xoves actívase o servizo de reparto da domicilio Rianxo na túa Porta

28 Xaneiro 2021

Este 28 de xaneiro comeza a funcionar en Rianxo un servizo de reparto a domicilio que ten dous obxectivos fundamentais: favorecer unha vía alternativa para que o tecido hostaleiro e comercial do municipio poida seguir en certa medida a súa actividade e, tamén, facilitar á cidadanía (no medio deste contexto de restricións e limitacións diversas) o acceso aos produtos dos establecementos rianxeiros.

Trátase do servizo Rianxo na túa Porta, impulsado pola plataforma local Mercarianxo e outros establecementos e negocios locais, co obxectivo de acurtar ao máximo as distancias entre as empresas locais e os seus clientes, e facéndoo “de xeito cómodo, seguro e controlado”. Os pedidos faranse a través de só tres euros por encarga.

Dende Mercarianxo explican que o servizo está a disposición das empresas locais e dos particulares quere queiran recibir deste xeito cómodo as súas compras, pedidos dun restaurante ou calquera outro recado no propio fogar.

Para contactar, as persoas interesadas poden chamar ou escribir por Whatsapp ao 633 835 911, ou ben enviar unha mensaxe ao correo electrónico rianxonatuaporta@gmail.com sen compromiso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.