En Ribeira a morte dunha muller e un home eleva a catro os falecidos da residencia de maiores. En Galicia hoxe faleceron 14 persoas

15 Xaneiro 2021


A Consellería de Sanidade informa da morte hoxe de dúas persoas da Residencia de Maiores de Ribeira. Trátase dunha muller de 92 años, e dun home de 78 anos os dous estaban na Residencia integrada CEGADI de Santiago. Os dous procedían da residencia DOMUSVI de Ribeira.

Nesta xornada tamén faleceu José López máis coñecido como Joseíño, apenas un mes despois de ser homenaxeado polo “Cidade de Ribeira” no seu cumpreanos tal como recollemos en O Barbanza.

A COVID levouse a Joseíño, histórico do fútbol comarcal e masaxista de equipos como Boiro e Ribeira. Era un dos residentes trasladados o CEGADI en Santiago

En total son catro os falecidos no brote, no que se viron afectados tanto usuarios como traballadores.

En total nesta xornada faleceronn en Galicia 14 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Trátase dun home de 96 años, no Hospital Comarcal de Valdeorras; unha muller de 77 años, no Chuac; un home de 64 años, no Chuvi; un home de 69 años, no Chuf; un home de 91 anos, no Chuac; un home de 76 años, no Chus; unha muller de 86 años, no Chuvi. Procedía da Residencia Paz y Bien de Tui; un home de 84 años, no Chuvi que procedía da Residencia Paz y Bien de Tui.
En centros residenciais faleceron unha muller de 89 años, na Residencia San Bartolomeu de Xove; unha muller de 93 años, no Centro integrado CEGADI que procedía asilo de Ribadeo; unha muller de 97 anos, na Residencia DOMUSVI de Vimianzo, tamén un home de 78 años, na Residencia DOMUSVI de Vimianzo. E os xa mencionados un home e unha muller da Residencia integrada CEGADI de Santiago que procedían de residencia DOMUSVI de Ribeira.

Outros artigos

En Ribeira detectado un novo foco de gripe aviaria en aves silvestres

Corresponden a cinco exemplares de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis), dos cales catro foron recollidos en Xove e o quinto en Ribeira. A Consellería do Medio Rural vén de comunicar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Rede de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...