En marcha a remodelación do peirao de Palmeira por Portos de Galicia e o Concello de Ribeira

15 Xaneiro 2021
A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, reúnese co alcalde de Ribeira para avaliar os proxectos para os peiraos do municipio. FOTOS CONCHI PAZ

Portos de Galicia e o Concello de Ribeira están a traballar de xeito coordinado na posta en marcha da primeira fase da remodelación do peirao de Palmeira. Así se constatou esta mañá nunha reunión de traballo na sede do ente público entre a súa presidenta, Susana Lenguas, e o alcalde ribeirense á que tamén asistiu o patrón maior de Palmeira.

Ambos representantes públicos acordaron no encontro a sinatura dun convenio entre as dúas administracións para impulsar a primeira fase das obras de remodelación de Palmeira, que se atopa en trámite de redacción do proxecto. Esta actuación basearase no anteproxecto presentado para o conxunto do porto polo recoñecido arquitecto David Chipperfield. 

Tal como se acordou na reunión, o proxecto contemplará a reorganización da zona de actividade portuaria tendo en conta con carácter prioritario as necesidades do sector marítimo-pesqueiro e integrando estas coa remodelación da contorna. Ademais, acordouse a elaboración doutro convenio para o regulamento do tráfico por parte de efectivos municipais  nos portos de Palmeira e Corrubedo.

Reversión de terreos

A presidenta de Portos e o alcalde de Ribeira abordaron tamén o reinicio do expediente para a reversión dos terreos portuarios con cualificación de integración porto-cidade na Delimitación de Espazos e Usos Portuarios. Con isto retómase a iniciativa para devolver a titularidade desta zona que carece de actividade portuaria a Costas do Estado para que, á súa vez, a ceda ao Concello de Ribeira.

Deste xeito facilitaríase unha distinción máis operativa entre a zona de actividade portuaria e a pública, permitindo reservar o terreo portuario para os usuarios do mesmo e aportando a zona sen actividade sectorial para o uso da cidadanía.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.