Dispoñíbel no Portal da Lingua o concerto que Abe Rábade gravou no bosque rianxeiro

22 Xaneiro 2021

O pianista galego Abe Rábade, unha das grandes figuras do jazz estatal e internacional, protagoniza estes días unha das máis singulares actividades adheridas ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, impulsado pola Secretaría de Política Lingüística. Estamos a falar do concerto en liña Abe Rábade. Piano solo entre árbores, que pode verse dende xa no Portal da Lingua Galega. O audiovisual foi presentado este xoves 21 no Pazo de San Roque, en Santiago, nun acto que contou coa presenza do propio artista e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen enxalzou “a longa traxectoria de Abe Rábade na creación do jazz galego”.

Tamén loou a súa aposta por unir a lingua do país que el emprega acotío cun xénero musical “nacido fóra das nosas fronteiras e que, por certo, ten presenza en máis proxectos do Fondo Xacobeo 2021”.

O secretario xeral indicou “que non hai mellor maneira de demostrar que a nosa lingua, tan acaída para a expresión da cultura tradicional e autóctona, está aberta e é perfectamente válida tamén para incorporar todas aquelas cousas boas que nos poidan chegar de fóra”.

Xunto con Valentín García participaron na presentación o pianista e compositor de jazz Abe Rábade e Rosa Salgado, representante de Miraxe, Sociedade Cooperativa Galega, que produciu o concerto.

Piano solo entre árbores

Abe Rábade interpreta no audiovisual o que cualificou Valentín García como “un repertorio único”, seleccionado e traballado durante o confinamento, que inclúe as seguintes pezas: Liberación, Desexo, Ham-Dam. Improvisation e Freixo. O concerto foi gravado ao aire libre, nun espazo arborado da parroquia rianxeira de Asados, o 4 de novembro de 2020.

A interpretación das catro composicións sinaladas vai precedida dunha presentación a cargo do músico.

O autor

O pianista e compositor Abe Rábade (Santiago de Compostela, 1977) licenciouse cum laude en 1999 en Jazz Composition e Piano Performance polo Berklee College of Music de Boston (EEUU) e actualmente é profesor de dous conservatorios de música superiores de Galicia e de Portugal, ademais de ofrecer clases maxistrais en distintos centros da Península Ibérica.

Publicou 14 discos como líder, tres composicións para grandes formatos e outras tres poético-musicais. Recibiu unha decena de premios e actúa habitualmente con figuras de recoñecido prestixio internacional en múltiples concertos e festivais de todo o mundo.

Abe Rábade ten fortes vencellos co concello de Rianxo, xa que boa parte da súa familia está afincada dende hai anos en Abuín, na parroquia de Leiro.

O fondo cultural

O audiovisual Abe Rábade. Piano solo entre árbores forma parte dos recursos dixitais do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, un repositorio de contidos creativos de interese cultural en lingua galega creado pola Xunta no marco do Plan de reactivación do sector cultural fronte aos efectos derivados da COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.