Avanzan as obras de mellora nas redes de servizo na Boliña, Boiro

18 Xaneiro 2021

O Concello de Boiro anunciou que avanzan a bo ritmo as obras de pavimentado e mellora de redes de servizo na estrada que une A Boliña coa avenida da Constitución (unha lonxitude de 185 metros lineais). A actuación vaise levar a cabo con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial da Coruña e, con ela, realizarase a renovación dos sumidoiros, o pavimentado da vía e o abastecemento de auga potábel.

O Concello explicou que o lugar onde se está a actuar presentaba deficiencias nas redes de captación de pluviais e, as choivas abundantes provocaban problemas de seguridade viaria. “Amais”, fixo saber o Goberno local, “o abastecemento estaba obsoleto, polo que requiría grandes gastos de mantemento e precisaba dunha renovación e separar correctamente a rede de pluviais do saneamento existente”.

O importe desta actuación, que se realiza con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial da Coruña, ascende aos 39.561,47 euros.

A obra estase a executar nas dúas marxes da estrada, instalando unha rede de pluviais con sumidoiros de captación de auga. Nas dúas marxes vaise realizar unha beirarrúa de formigón, por

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.