Este sábado día 2 de xaneiro cúmprense os 100 anos do afundimento do vapor-correo Santa Isabel nos baixos da Illa de Sálvora. No naufraxio acontecido á 1.50 da madrugada, morreron 213 persoas e salvaronse 53. É o naufraxio mais importante en número de vítimas civis do século XX e a prensa da época chamouno “O titanic galego”.
“O Barbanza” a nosa publicación mensual publicou no seu último número de decembro un amplo reportaxe gráfico e infografía no que se narra de xeito breve a historia do naufraxio e o acontecido aquela tráxica madrugada.
Pode leerse ou descargarse desde o enlace O Barbanza 16-17
ACTOS INSTITUCIONAIS Pola súa banda o Concello de Ribeira empeza a desenvolver diversos actos que se alongarán durante todo o ano 2021.
A xornada inicial será este día 2, no que se procederá ás 13,30 horas á inauguración da exposición “Bravura. Cen anos do naufraxio do Santa Isabel” que durante todo o ano estará no Museo Municipal de Ribeira.
Previamente a parroquia celebrará unha misa funeral na Igrexa Parroquial ás 12 .30 de mañá en memoria das 213 persoas que perderan a vida no naufraxio.
Debido á situación de pandemia tanto o acto relixioso como a inauguración da mostra estará limitada en asistencia de público. A mostra abrirase a partir do luns e será de acceso libre.
Os visitantes do Museo Municipal recibirán un exemplar da edición especial en formato tabloide que como si fora un xornal de principios do século XX, pasa revista a historia do naufraxio, a mostra do que se pode ver na exposición, o papel do segundo heroe do Santa Isabel, Luis Cebreiro, e a reproducción dun artigo de Lustres Rivas e dunha folla do caderno manuscrito “Las mugeres de Sálvora. Tragedia griega” de Valle-Inclán que non chegou a ser realidade.
A milla solidaria Heroínas de Sálvora
Paralelamente a este acto celebraraes a milla solidaria Heroínas de Sálvora que será en formato virtual. A iniciativa que se celebra por segundo ano lembra ás mulleres de Aguiño que o 2 de xaneiro de 1921 fixéronse ao mar para salvar aos sobreviventes de naufraxio do Santa Isabel, unha iniciativa organizada pola concellería de Deportes do Concello de Ribeira .
Este 2021 será diferente, xa que a pandemia obrigou aos promotores a optar por unha versión virtual, polo que cada persoa poderá saír os días 2 e 3 para completar o percorrido que considere máis oportuno. Todo o recadado irá destinado á Fundación Faiben. Os interesados en participar deben apuntarse a través da páxina web www.galitiming.com. O custo de anotación por persoa é de cinco euros.
A web http://www.riveira.eu recolle amplia información e videos con entrevistas sobre o naufraxio.