Seleccionada en Ribeira a empresa que renovará o treito entre o Caramecheiro e a praza dos Estudantes

25 Xaneiro 2021

O Concello de Ribeira aprobou a clasificación das ofertas para a execución das obras que renovarán os servizos e pavimentación na avenida da Coruña no seu treito entre a ría do Caramecheiro e a praza dos Estudantes. A empresa seleccionada, de entre as 31 ofertas presentadas, foi Bernacle Obras y Servicios, S.L, que comporta un investimento de 225.429 euros.

A actuación inclúe a renovación das beirarrúas en ambas marxes da calzada coa colocación de baldosa de formigón de cores gris escura e branca que suporán un total de 448 metros na marxe esquerda e 404 metros na marxe dereita. Ademais mellorase tanto a rede de pluviais como as de saneamento e auga.

Disporase de tubaxes corrugadas de PVC de 315 milímetros de diámetro en ambos marxes, para as augas pluviais, con colectores de PVC compacto para o saneamento, e tubaxes de PVC de alta densidade para o abastecemento. O prazo de execución das obras son de cinco meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.