” Alimentos ó lixo”.José Manuel Pena

27 Xaneiro 2021

Miles de familias, do noso país, están a pasar por dificultades reais para poder adquirir os alimentos básicos para a subsistencia de todos os seus membros e mentres tanto cantidade de comercios, supermercados e grandes superficies dedícanse a tirar, literal e directamente, ao lixo unha gran porcentaxe de alimentos que non poden ser comercializados. A maneira de desperdiciar estes alimentos é unha actitude vergoñosa, insolidaria e inhumana, á que habería que poñer freo, canto antes.
Segundo un informe do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio
Ambiente constatouse que os alimentos que se deben tirar por estar próxima ou vencida a data de caducidade, soamente un 20% destes son
entregados a unha ONG ou ao Banco de Alimentos e o 80% restante, tíranse ao lixo. Por iso é polo que non resulta estraño ver, en calquera pobo ou cidade, a cantidade de persoas humildes e con necesidades básicas rebuscando restos de comida nos contedores, en plena vía pública. Así mesmo, e segundo os últimos estudos estatísticos publicados, cada familia española desperdicia (tira ao lixo) uns 300 euros anuais en alimentos.
Estas situacións, que atentan contra o código de boas prácticas de calquera
establecemento comercial e que violan claramente os Dereitos Humanos e máis Fundamentais das persoas, hai que corrixilas canto antes (con normativas e campañas de sensibilización) ao ser un problema que nos afecta a todos, tanto das propias entidades sociais, municipios, responsables políticos e dos propios responsables, xerentes ou conselleiros de administración destas superficies comerciais así como de nosa propia familia, evitando así que se siga tirando a comida, mentres hai tantas necesidades alimentarias en miles de familias da nosa contorna.

Outros artigos

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

+

“Eclipsados por magufos” – Lois Alcayde Dans

Xusto despois de que o sol se deixara ver de novo no ceo chegamos á casa e, un chisco antes de preparar a cea —énos este un particular luscofusco caseiro ben agardable, pois a luz azul que entra do patio fai máis acolledora a cociña, a casa permanece nese silencio...

+

“La Torrent ensaya dos horas al día”. Mario Clavell

Montserrat Torrent ha recuperado desde compositores y partituras para órgano desde hace décadas, ha alentado restauración de instrumentos apolillados y su recuperación como instrumento popular. Ensaya dos horas al día. Música en Compostela ha homenajeado a la Torrent...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

As festas de recreación histórica están de  moda. Algunhas, coma o Arde Lucus, permiten a unha cidade reivindicar con entusiasmo feitos do pasado, conseguindo difícil unanimidade arredor dunha historia, lenda ou idealización. O mesmo acontece con labores extintas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.