A Marea Cidadá de Noia pide que unha parte do Plan Único se adique ao saneamento das augas

08 Xaneiro 2021

A Marea Cidadá de Noia vén de facer un novo chamamento a prol da negociación das iniciativas do Plan Único da Deputación, unha reclamación que, recorda o colectivo, xa vén de antigo. A petición baséase na disconformidade da agrupación noiesa con respecto á presentación de proxectos do dito Plan, que “é unilateral e non axuda a solucionar os problemas da vila”. Tamén advirte de que “non seguirá apoiando proxectos de última hora”.

A agrupación lembra que Noia terá acceso a máis de 550.000 euros en forma de subvencións para obras e mantemento de servizos, os cales a Marea entende que “deberan ir, en gran parte, ao saneamento das augas residuais”. A plataforma denuncia que dende a chegada do actual Goberno local non se negociou “nin un só destes plans anuais” e que “en todos os casos a presentación dos proxectos a última hora obrigou ao resto de partidos a poñerse a favor ou, pola contra, a rexeitar a chegada de ditas subvencións ao Concello”.

A Marea advirte que “aínda hai tempo para negociar o Plan Único deste ano”, e demanda que “unha parte importante del se destine ao saneamento das augas residuais que, agora mesmo, vértense sobre a ría sen o tratamento axeitado”. A agrupación entende que a Ría de Noia e o seu mar constitúen non só a fonte de ingresos máis importante dos nosos veciños e veciñas, senón un dos nosos maiores atractivos turísticos”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.