A Marea Cidadá de Noia denuncia o que consideran escurantismo e a falta de información do goberno municipal

17 Xaneiro 2021

A Marea Cidadá de Noia entende que se debería ter avisado ao resto de grupos da corporación, así como ao conxunto da poboación, da solicitude dun cribado para Noia.

Dende a Marea Cidadá de Noia queren facer patente a súa incredulidade, ante a falta de información que o Alcalde está a proporcionar ao resto de grupos da corporación. Tras retiradas peticións de información por parte da Marea Cidadá de Noia, e tras ter esta mesma presionado para que o Alcalde solicitas un cribado para Noia durante máis dunha semana, o partido local enterouse de dita petición pola prensa.

Nun artigo publicado hoxe polo xornal La Voz de Galicia, segundo indica a formación de esquerda noiesa, infórmase de que o pasado 15 de xaneiro se tería solicitado dito cribado á Consellería de Sanidade. Esta información foi confirmada polos socios de goberno doactual rexidor, o N.O.I.A., unhas horas despois na súa páxina de Facebook.

Dende a Marea Cidadá queren denunciar esta falta de respeto institucional, así como a ocultación de información de moita relevancia. Dende a Marea Cidadá, esixenlle agora ao rexidor noiés que faga pública a resposta que obteña da Consellería, de xeito oficial e tan axiña como fora posible.

A Marea Cidadá viña denunciando dende facía semanas a falta de iniciativa por parte do actual goberno á hora de tomar medidas contra a pandemia, mentres o número de casos do Concello non deixaba de dispararse.

Outros artigos

A Banda de Noia abre as portas a un novo curso

Xa está aberto o prazo de matrícula na Escola de Música da Banda de Noia para o curso 2026/27, en palabras do Concello "unha oportunidade para aprender, gozar da música e formar parte dunha entidade que leva xeracións poñendo banda sonora á nosa vila". Haberá...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.