Xa se coñecen as vivendas gañadoras do Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas da Pobra

22 Decembro 2020

O Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas organizado polo Concello da Pobra neste ano 2020 por primeira vez como motivo do Nadal, xa determinou as vivendas premiadas. Así, dun total de 35 fogares inscritos de todo o municipio, foron galardoadas as seguintes vivendas: unha da rúa Atalaia (parroquia de Santa María a Antiga do Caramiñal), outra da Ribeiriña (na parroquia de Santo Isidro de Posmarcos), unha vivenda do lugar das Romeiras (na parroquia de Santa Cruz de Lesón) e outra de Bandaseca (parroquia de Santa María do Xobre).

Desta maneira, os catro fogares recibirán como premio unha cesta composta de produtos locais co fin de contribuír á dinamización e posta en valor do comercio de proximidade. Doutra banda, a edil Charo Varela quixo resaltar a pretensión desta convocatoria: “Con este concurso incrementamos a ledicia e vistosidade das rúas”. Por último, cabe destacar que as vivendas premiadas deben manter a decoración ata o día 6 de xaneiro, para poder recibir o premio.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Na Pobra, o Museo Valle-Inclán acolle a maqueta do Santa Isabel

Este venres, día 18 de setembro, tivo lugar na Sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a rolda de prensa para presentar a nova exposición temporal da maqueta do buque Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 nas costas de Sálvora (Aguiño), e que poderá...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.