Ribeira ofrecerá formación gratuíta ao sector hostaleiro do municipio

07 Decembro 2020

Ribeira segue a impulsar novas accións destinadas a combater os efectos do covid no noso municipio. Así, esta mañá na Escola Municipal de Hostalería foi presentado o plan de formación para o sector hostaleiro “Cociña nos
fogóns de Ribeira”: unha iniciativa en virtude do cal póñense en marcha oito cursos específicos cos que mellorar as capacidades dos profesionais cun aforo en cada un deles de ata dez alumnos.
O alcalde Manuel Ruiz, o concelleiro de Promoción Económica Ramón Doval e máis os dous chefs reputados que se encargarán de impartir as clases, Kike Piñeiro e o seu socio Eloy Cancela, responsables do restaurante santiagués ‘A Horta do Obradoiro’, encargáronse de ofrecer os pormenores da programación, que será totalmente gratuíta.
Ruiz Rivas salientou que aínda que o Concello xa destinou máis de 1,3 millóns de euros a axudar durante a pandemia ao comercio e a hostalería local, en realidade estamos ante unha estratexia de futuro que pretende ir máis alá, xa que busca consolidar Ribeira e a comarca como referentes gastronómicos. “Estes cursos responden a todo o que pode ser o día a día da hostalería para que poidan sacar un peso máis xa dende a primeira hora da mañá”, manifestou o rexedor, adiantando ademais que a iniciativa terá continuidade con unha nova edición que contará coa participación do chef ribeirense Iñaki Bretal, do restaurante pontevedrés ‘O Eirado da Leña’.
Na Escola de Hostalería Kike Piñeiro explicou que están orientados a que os alumnos saquen o máximo proveito no futuro inmediato e no medio prazo e xurdan novas ideas. Así mesmo, aclarou que non van ser unhas clases
tutoriais senón que van cociñar, aproveitando as instalacións da Escola Municipal de Hostalería situada no segundo andar do mercado.

Os cursos serán os seguintes:

  1. Cociña para levar (14, 15 e 16 de decembro)
  2. Elaboración de tapas (12, 13, 19 e 20 de xaneiro)
  3. Cociñamos o mar “Lonxa de Ribeira” (26 e 27 de xaneiro e 2 e 3
    de febreiro)
  4. Alérxenos e propostas para novos hábitos alimentarios (9, 10,
    16 e 17 de febreiro)
  5. Preparación dun bo menú do día (23 e 24 de febreiro e 2 e 3 e
    marzo)
  6. Concepto maridaxe (9, 10, 16 e 17 de marzo)
  7. Actualización de bocadillos, burguer e tostas (23, 24, 30 e 31 de
    marzo)
  8. Desaiunos e cafés (6, 7, 13 e 14 de abril).
    Poden optar a estes cursos os profesionais da hostalería e a
    restauración que estean en activo, en ERTE ou en situación de
    desemprego. As inscricións realizaranse unha por curso enviando un
    correo electrónico a eventosturismo@ribeira.gal. Calquera
    información adicional pódese consultar por whatsapp no 615 623 285.
    As bases reguladoras están aloxadas na páxina web www.ribeira.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.