Rianxo, entre os concellos elixidos para novas melloras na tramitación das licenzas urbanísticas

14 Decembro 2020

A decana do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), Elena Ampudia Aixendri, asinou un convenio de colaboración co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, para “axilizar e simplificar a tramitación das licenzas e outros actos urbanísticos ao permitir que os concellos da provincia da Coruña descarguen a documentación técnica dos solicitantes a través da plataforma dixital do COAG”. Asistiu tamén á sinatura o deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira. O convenio, con vixencia de catro anos, implicará unha redución dos custes económicos e de cargas administrativas para as persoas físicas e xurídicas solicitantes. Comezará a aplicarse en Rianxo xunto con outros tres concellos máis.

Elena Ampudia explicou que o uso da plataforma colexial, como “gran contedor de documentación”, garante a implantación e desenvolvemento da tramitación telemática nas administracións de maneira “eficiente” con independencia do grao de desenvolvemento tecnolóxico do administrado.

González Formoso destacou que o acordo permitirá “reducir trámites burocráticos” e avanzar nunha administración “máis áxil e eficiente ao servizo da cidadanía”. O presidente explicou que o convenio comezarase a aplicar nos concellos de Betanzos, Rianxo, Abegondo e Cambre, e estenderase en datas próximas ao resto dos concellos da provincia aos que dá soporte a Deputación da Coruña.

O convenio, sinalaron, “tamén permitirá a normalización da documentación técnica e administrativa de carácter xeral, unha documentación tramitada nos concellos que se atopará tipificada, estruturada e asinada conforme ao modelo normalizado que o Colexio encárgase de ter axeitadamente actualizado segundo as disposicións legais vixentes”.

Ademais, o acordo asegura “a garantía sobre a identidade e habilitación dos técnicos redactores no caso de traballos visados e sobre a identidade e colexiación noutros casos”. En concreto, o procedemento de tramitación colexial inclúe estas verificacións dos técnicos asinantes, polo que se evitará a solicitude e xestión de documentación adicional para a súa verificación por parte dos concellos.

Así mesmo, habilitarase un mecanismo telemático que permitirá aos concellos da provicia da Coruña, coa conformidade do solicitante da licenza urbanística ou tramitación urbanística, así como dos técnicos redactores do traballo profesional vinculado, obter en formato electrónico unha copia da documentación técnica e administrativa tramitada no Colexio de Arquitectos. Así, eximirase aos solicitantes da licenza urbanística ou tramitación urbanística da obriga de achegar dita documentación en papel ou dixital aos diferentes departamentos administrativos dos concellos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.